Strelia Electrotecnia

Strelia Electrotecnia, S. Coop. Galega

Solicitar reunión

Proximamente

Strelia Electrotecnia, S. Coop. Galega 

Rúa de Melide, 11, 3B, 15705 Santiago de Compostela

Descripción

Strelia Electrotecnia constitúese en 2013, e desenvolve solucións de electrónica profesional en campos como as telecomunicacións, a oceanografía, as ciencias da terra, o control industrial e a eficiencia enerxética.

Facemos os proxectos de I+D para os produtos encomendados, integramos a tecnoloxía axeitada e prestamos os servizos de enxeñaría electrónica e de telecomunicacións para a execución integral das solucións. A equipa da Strelia ofrece anos de experiencia e prestixio recoñecido no mundo do desenvolvemento electrónico e a oficina técnica de telecomunicacións.

Strelia Electrotecnia é compromiso profesional, calidade e valores sociais. Somos unha iniciativa cooperativa desde a que traballamos con fundamento, seriedade e eficiencia para a nosa clientela; procurando sempre o respecto e coidado da natureza, das persoas e a súa diversidade.

A sede social, oficinas e laboratorios de desenvolvemento sitúanse en Santiago de Compostela (Galiza) desde onde colaboramos e traballamos para entidades da península Ibérica, Europa e o resto do mundo.

Servizos
  • Desenvolvemento, fabricación, e implantación de produtos e sistemas electrónicos para terceiros, en campos como telemetría, IoT, náutica, produción agroforestal, ciencias da terra, Industria 4.0, eficiencia enerxética, iluminación, domótica, enerxías alternativas e transporte.
  • Prestación de servizos de enxeñaría electrónica e de oficina técnica de telecomunicacións, para operadoras, redes de cobertura radio, medidas radioeléctricas, proxectos e legalizacións de emisoras, etc.
Produtos
  • Ardupower (Controlador PLC baseado en Arduino e hardware libre)
  • Modem satelital RUDICs para entornos extremos.
Vídeos