Lugar Da Veiga

Lugar Da Veiga Sll.

Solicitar reunión

Proximamente

Lugar Da Veiga Sll. 

Polígono Industrial Os Acivros – Parcela A3-D, 27500 Chantada, Lugo

Descripción

A sociedade LUGAR DA VEIGA SLL constitúese en xaneiro de 2005 para poñer en marcha o proxecto empresarial “Daveiga Produción Responsable”. Dende ese ano fabricamos e comercializamos Galletas Mariñeiras, unha innovadora galleta feita 100% con ingredientes naturais e certificada polos estándares de Calidade, Medio Ambiente e Seguridade Alimentaria (Certificacións ISO 9001, 14001, 22000, BRC e IFS).

A nosa empresa baséase nun proxecto que xira en torno a tres alicerces fundamentais: a responsabilidade social, a innovación e a xestión da calidade. Con eles fomentamos aspectos de responsabilidade laboral, apoio rural-local, calidade e seguridade alimentaria, desenvolvemento sostible e prezo xusto, entre outros.

Miudiño é cooperativa galega sen ánimo de lucro, traballando baixo tres alicerces fundamentais, que son a natureza, a infancia e o patrimonio cultural, dando vida a todos os nosos servizos e produtos.

Servizos

Ofrecemos diferentes variedades de galletas Mariñeiras:

  • VARIEDADE NATURAL: Clásicas, Aceite de Oliva, Chía, Lino, Espelta.
  • VARIEDADE BIO-ECO: Aceite de Oliva, Chía, Integrais, Espelta, Quinoa.
  • CANAL HORECA: Especial Canapés e Especial Bocado.
Vídeos