07 Out Galega de Economía Social
Galega de Economía Social S.L
A razón de ser do Grupo de Empresas de COGAMI, Galega de Economía Social, é a xeración de emprego de calidade para as persoas con discapacidade como elemento fundamental para a súa inclusión social.
As empresas que componen COGAMI Empresarial xurden maioritariamente na década dos 90 e do 2000. No ano 2003 constitúese Galega de Economía Social co obxectivo de consolidar e converter o conxunto de iniciativas creadas nun grupo forte e competitivo.
Máis do 90% das persoas que traballan no grupo son persoas con discapacidade, e todos os beneficios obtidos pasan a reinvestirse nas propia empresa, co obxectivo de seguir fomentando o seu crecemento e a creación de emprego para as persoas con discapacidade.
A día de hoxe o Grupo GES está constituído por 11 Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social que operan en sectores diversos.
Empresas do Grupo GES:
- Galega de Economía Social (GES):
Xurde en 2003 como a empresa matriz do grupo. GES ofrece servizos de apoio ao resto de entidades do Grupo en diversas áreas como: xestión laboral, recursos humanos, contabilidade e tributación, mellora de procesos, servizos xurídicos e xestión de proxectos.
- Combina Social S.L:
CEIS que ofrece oportunidades de subcontratar servizos auxiliares a empresas. A maior parte da súa actividade está relacionada con servizos auxiliares a empresas, limpeza e loxística.
- Coregal S.L
Centro Especial de Emprego de Iniciativa Social que naceu en 1998 como unha empresa dedicada á xestión e reciclaxe de residuos. A súa actividade céntrase especialmente na xestión de cartón, papel e plásticos.
- DIXARDIN S.L:
Dixardín é unha empresa que ofrece servizos integrais de xardinería e deseño de xardíns a clientes públicos e privados, permitindo a integración laboral de persoas con discapacidade no entorno da provincia da Coruña.
- Hornos Lamastelle S.A:
Hornos de Lamastelle S.A. Ten a súa principal planta en Oleiros (A Coruña), e dedícase á produción e venda de produtos de panadaría, pastelería e pratos preparados, sendo a produción principal de empanadas e empanadillas a súa actividade principal. A produción está destinada case na súa totalidade ao mercado nacional, sendo os principais clientes as cadeas de supermercados e o sector da hostalería. Ademais, unha pequena parte da produción véndese a través dunha tenda propia situada no centro da Coruña.
- Gráficas Integrales COGAMI S.L (Grafinco):
Nace en 1998 co propósito social da integración laboral de persoas con discapacidade. A súa actividade principal céntrase na impresión de textos ou imaxes en todo tipo de soportes, con tecnoloxía offset e dixital e en diferentes acabados e formatos.
- Activa Social S.L:
Xurde en 2009 co obxectivo de funcionar como unha E.T.T. para as empresas de Galicia que buscan integrar ás persoas con discapacidade no seu persoal, como fórmula para promover a contratación destas persoas. Tamén realiza actividades como axencia de colocación.
- Accede Social S.L
Esta empresa ten orixe no 2001 con obxectivo de dar servizo de transporte adaptado ás asociacións e Centros que traballan con persoas con discapacida mellorando a actividade das persoas con mobilidade reducida (PMR)
- INTEGRATEX
Este proxecto con INDITEX comezou no 2007 coa apertura en Allariz dunha tenda outlet de roupa, calzado e accesorios para a marca Massimo Dutti. Máis tarde, abriu Tempe, tamén situado en Allariz, que vende calzado e complementos. O último en unirse a Integratex foi a tenda Pull & Bear que abriu en 2016 en Ferrol.
Este establecimiento forma parte de “form&from”, un programa para a inclusión socio laboral de persoas con discapacidad que funciona baixo o modelo de franquicia de INDITEX xestionadas por entidades sen ánimo de lucro.
- TRAMEVE
Somos un Centro de Tratamiento de Vehículos que centra su actividad en procesos limpios y seguros, que respetan el medio ambiente y promueven la reutilización de piezas válidas, fomentando el consumo responsable de recursos.
Se ofrecen servicios de: Venta de piezas de ocasión;tasación, recogida en grúa y desguace de vehículos siniestrados o fuera de uso; compra-venta de automóviles de ocasión.
- Cualicar
Empresa creada no 2019 e enfocada a compra-venta de vehículos seminovos (0 a 3 anos de antigüidade e de 0 a 50.000 km, a maioría).