27 Out A mostra Préndete da Economía Social terá lugar o 12 de novembro
Achégase a mostra Préndete da Economía Social, impulsada pola Universidade de Santiago de Compostela. O evento celebrarase o día 12 de novembro de 11:00 a 19:00, de maneira virtual.
Durante o día participarán diversas empresas de economía social. Impartiranse 5 charlas sectoriais e talleres prácticos de curta duración (1 hora), que estarán encamiñados a promover o emprendemento en sectores emerxentes. As temáticas están relacionadas coa economía verde, a loxística, as necesidades das cidades intelixentes, a ciberseguridade, a agricultura ecolóxica ou a interconexión dixital.
Tamén terán lugar showrooms e catas sectoriais, destinados a a que 5 empresas de economía social poidan mostrar en que consisten os seus proxectos e reciban o feedback do público. Serán en formato de curta duración e poderán, se o estiman oportuno, testar os seus produtos e servizos.
Por último, organizaranse 4 demolabs tecnolóxicos, destinados a que os grupos de investigación da Universidade de Santiago, Centros Tecnolóxicos, SpinOff, Empresas de Base Tecnolóxica e empresas de economía social poidan mostrar as súas tecnoloxías e as súas aplicacións.
Non o dubides máis e apúntate!