30 Out Coñece a historia de COGAMI
Grazas as súas boas prácticasCOGAMI é outra das entidades que inspiran a mostra: Préndete da Economía Social!
A razón de ser do Grupo de Empresas de COGAMI é a xeración de emprego de calidade para as persoas con discapacidade como elemento fundamental para a súa inclusión social. Máis do 90% das persoas que traballan no grupo son persoas con discapacidade, e todos os beneficios obtidos pasan a reinvestirse nas propia empresa, co obxectivo de seguir fomentando o seu crecemento.
As empresas que componen COGAMI Empresarial xurden maioritariamente na década dos 90 e do 2000. No ano 2003 constitúese Galega de Economía Social co obxectivo de consolidar e converter o conxunto de iniciativas creadas nun grupo forte e competitivo. Ofrece apoio en áreas como áreas como a xestión laboral, recursos humanos, contabilidade e tributación, mellora de procesos, servizos xurídicos e xestión de proxectos.
A día de hoxe o Grupo GES está constituído por 11 Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social que operan en sectores diversos, como Coregal, Combina Social, Dixardín, Hornos Lamastelle, Activa Social, Accede Social, Integratex, Gráficas Integrales COGAMI, Trameve e Cualicar.
O evento terá lugar o día 12 de novembro de maneira virtual. Lembra que aínda podes inscribirte neste formulario online para obter unha praza.