A Universidade de Santiago de Compostela organiza o Foro de Financiamento

A Universidade de Santiago de Compostela organiza o Foro de Financiamento, que terá lugar o día 12 de novembro de 11:00 a 13:15.

Trátase dun evento no que representantes de entidades de financiamento e inversión terán a oportunidade de coñecer dez proxectos de economía social que participaron na aceleradora organizada pola USC e valorar a conveniencia de investir neles ou outorgalles financiamento responsable.

Así mesmo, pretendese crear un espazo que permita a proxectos de economía social e entidades de financiamento e inversión coñecerse, así como favorecer o networking efectivo entre promotores e entidades de financiamento.

Despois da recepción e benvida, procederase á rolda de presentación dos proxectos e á organización de sesión one to one entre as partes interesadas.