Que é a economía social?

En que consiste a economía social? Pódese definir como o conxunto de actividades económicas ou empresariais levadas a cabo por entidades privadas, co fin de mellorar a calidade de vida do conxunto da sociedade. Xorden como xorde como unha alternativa de consumo fronte ás grandes empresas, e perseguen o interese xeral económico e social.

Os valores que guían a estas empresas son a equidade, a solidariedade, a sustentabilidade ambiental, a cooperación, o traballo e o compromiso coa contorna. Ademais, antepoñen ás persoas sobre os seus fins lucrativos.

Coñeces algunha empresa que practique a economía social? Na nosa mostra “Préndete da Economía Social!” do 12 de novembro terás a oportunidade de falar con moitas delas!