06 Nov Granxa Ecolóxica Casa Grande Xanceda
Granxa Ecolóxica Casa Grande Xanceda
Ola! Somos Casa Grande de Xanceda
Somos unha granxa familiar ecolóxica en Galicia onde coidamos de máis de 300 vacas. Co seu leite elaboramos produtos lácteos moi ricos e sans! Temos 200 hectáreas de prados e bosques autóctonos onde as nosas vacas pasean e pacen libremente todos os días. As nosas vacas non son unhas vacas calquera porque… son vacas ecolóxicas!!
No ano 2002 decidimos certificar oficialmente como ecolóxica a nosa gandaría. Fomos unha das primeiras gandarías lácteas en converterse en ecolóxica, e na actualidade somos os segundos maiores produtores ecolóxicos de España. A certificación implica unha serie de prácticas que seguimos a machada:
- As vacas non deben comer ningún tipo de alimento que sexa tratado con herbicidas, pesticidas ou insecticidas.
- Os abonos químicos tamén están prohibido. Usamos só a compostaxe xerada polas propias vacas para fertilizar os prados.
- As vacas deben vivir ao aire libre e alimentarse sobre todo co pastoreo.
- Por cada dúas vacas é necesario ter un mínimo dunha hectárea de prado.
- Respectamos os ciclos naturais das vacas sen alteralos artificialmente. E velamos polo benestar da súa saúde, traballando na prevención, desta forma conseguimos que as nosas vacas gocen de moi boa saúde e apenas enfermen.
Os nosos produtos ecolóxicos. Iogur ecolóxico e máis …
- Iogures de diferentes sabores, con bífidus , gregos, 0% e en diferentes tamaños e formatos (bebible para nenos, por exemplo)
- Kéfir
- Queixos
- Leite
- Manteiga
- Xeados