
11 Nov Estas son as charlas sectoriais de Préndete da Economía Social!
Mañá é o gran día! Durante a mostra Préndete da Economía Social! levaranse a cabo 5 charlas sectoriais e talleres prácticos de curta duración, que estarán encamiñados a promover o emprendemento en sectores emerxentes. As temáticas gardarán relación coa economía verde, a loxística, as necesidades das cidades intelixentes, a ciberseguridade, a agricultura ecolóxica e a interconexión dixital.
O programa é o seguinte:
11:10 – Xestión de datos masivos: Introdución a toma de decisións empresariais baseadas en datos.
12:00 – Economía circular e eficiencia enerxética. Aproveita todos os recursos a teu alcance.
13:00 – Comercio electrónico no comercio de proximidade.
Descanso
16:00 – Valorización de recursos naturais: “O valor dos nosos montes”.
17:00 – Demolabs tecnolóxicos: “Coñecendo as tecnoloxías do noso eido empresarial”
17:30 – Mostra do panel de empresas e showrooms virtuais
18:00 – Oportunidades no tercer sector (acción social)
Xa estades inscritos? Lembrade que para obter unha praza como espectadores teredes que cumprimentar este formulario online.