Charlas sectoriais de Préndete da Economía Social 2021!

O 27 de outubro é o gran día! Durante a mostra Préndete da Economía Social 2021! levaranse a cabo 4 charlas sectoriais e talleres prácticos de curta duración, que estarán encamiñados a promover o emprendemento en sectores emerxentes. As temáticas gardarán relación coa economía verde, a loxística, as necesidades das cidades intelixentes, a ciberseguridade, a agricultura ecolóxica e a interconexión dixital.

O programa é o seguinte:

11:30 – Benvida e recepción de asistentes

11:35 – Xestión de datos masivos: Como procesar e cruzar datos para obter información útil para túa empresa.

12:30 – Comercio electrónico no comercio de proximidade

13:30 – Descanso ——————————————————-

16:00 – Oportunidades no tercer sector (acción social)

17:00 – Mostra do panel de empresas en “usceconomiasocial.gal”  e showrooms virtuais coa participación de:

Marma  / O´Taller  /   Mareira   /   Galpon Lab

18:00 – Economía circular e eficiencia enerxética. Aproveita todos os recursos a teu alcance.

19:00 – Peche da mostra

Xa estades inscritos? Lembrade que para obter unha praza como espectadores teredes que cumprimentar este formulario online.