Feitoria Verde Cooperativa Sen Ánimo de Lucro

Feitoria Verde Cooperativa Sen Ánimo de Lucro

Solicitar reunión

Proximamente

Feitoria Verde Cooperativa Sen Ánimo de Lucro

Santiago de Compostela. A Coruña

Descripción

Feitoría Verde é unha Cooperativa Sen Ánimo de Lucro que entende a EDUCACIÓN coma un proceso lento de artesanía: orixinal, cheo de afectividade, de tempo investido e de pequenos detalles. Unha acción de transformación social que nos fai estar en constante proceso de mellora e aprendizaxe, tanto persoal como colectivamente. Unha actividade pedagóxica e política que coloca no centro as necesidades e o benestar das persoas e da natureza que habitamos. Este benestar persoal e social fainos conscientes da nosa vulnerabilidade e co-dependencia das demais persoas e do noso medio, e abre a posibilidade de tecer redes e xerar interaccións na construcción da xustiza social e ambiental.

Servizos

Educación ambiental; Cultura da sustentabilidade,  cambio climático e economía social

Educación social; Emocións, xestión de grupos e transformación de conflictos

Igualdade; Dinamización, desenvolvemento comunitario e xogo

Participación;  Dinamización, desenvolvemento comunitario e xogo

 

Metodoloxía aplicada

Empregamos metodoloxías socioafectivas (aprendidas da man de https://www.otraescuela.org/) o Teatro dxs Oprimidxs e a Educación Popular, que conteñen ferramentas e coñecementos desenvolvidos nos diferentes territorios da Abya yala, e que nos ofrecen novas formas de autocoñecemento, investigación e construción colectiva.

Consideramos o coñecemento como algo dinámico que se constrúe na continua relación entre a práctica e a reflexión; entre os erros e as aprendizaxes…

Utilizamos o xogo como ferramenta de interacción e aprendizaxe entre as persoas e co medio que habitamos; e a posibilidade de experimentar coas artes que nos ofrecen novas e diferentes formas de expresión e consciencia que transcenden á palabra.

Entendemos a avaliación coma un proceso de busca de información para a melloría dos nosos proxectos Ten función formativa mais tamén sumativa, enriquecendo os procesos e propiciando a creación de actitudes críticas, mellorando, polo tanto o cumprimento dos obxectivos de partida.

Vídeos