09 Nov Coñece as empresas que participarán no showroom
Mediante os showrooms e as catas sectoriais, 5 empresas de economía social poderán mostrar os seus proxectos e testar os seus produtos e servizos na mostra Préndete da Economía Social!, recibindo feedback do público. As empresas elixidas son Nael Swimwear, Azul Cielo, Asocación San Xerome Emiliani, Proxecto Boasemente e Milhulloa S.Coop.Galega.
Xa estades inscritos? Lembrade que para obter unha praza como espectadores teredes que cumprimentar este formulario online.