Mostra Economía Social
A mostra de economía social emerxe como unha actividade dun só día orientada a achegar a economía social na contorna da Universidade de Santiago de Compostela. O obxectivo é xerar un ecosistema real de economía social mediante encontros con emprendedores e empresas para fomentar networking e transferencia, promover iniciativas emprendedoras mediante charlas sectoriais e talleres, dar a coñecer proxectos de economía social mediante showrooms e catas, impulsar Demolabs tecnolóxicos a modo panel para aumentar competitividade do sector da economía social, entre outras actividades.
O evento celebrarase o día 12 de novembro e as actuacións previstas realizaranse de forma paralela durante todo o día en horario de mañá e tarde (11:00 h – 19:00 h)
PROGRAMA SESIÓN ONLINE
11:00 – Benvida e recepción de asistentes.
11:10 – Xestión de datos masivos: Introdución a toma de decisións empresariais baseadas en datos.
12:00 – Economía circular e eficiencia enerxética. Aproveita todos os recursos a teu alcance.
13:00 – Comercio electrónico no comercio de proximidade.
14:00 – Descanso ————————————————————————————-
16:00 – Valorización de recursos naturais: “O valor dos nosos montes”.
17:00 – Demolabs tecnolóxicos: “Coñecendo as tecnoloxías do noso eido empresarial” coa participación de:
KENDRA REALIDADE AUMENTADA / MYCOKEY GALICIA / SMARTWOOD / A3PROYECTOS
17:30 – Mostra do panel de empresas en “usceconomiasocial.gal” e showrooms virtuais coa participación de:
Sanxerome / Boasemente / Azul Cielo / Nael Swimwear / Milhulloa
18:00 – Oportunidades no tercer sector (acción social).
19:00 – Peche da mostra.