Anainas S. Coop. Galega – anainas skin peace

Anainas S. Coop. Galega – anainas skin peace

Solicitar reunión

Proximamente

Anainas S. Coop. Galega – anainas skin peace

Avenida Alcalde Manuel Platas Varela, 93 – 1º, 15141 Vilarrodís, Arteixo (A Coruña)

Descripción

Anainas somos Raquel, Laura e Silvia. Deseñamos produtos cosméticos orgánicos, veganos e sostibles destinados para a infancia. Somos unha cooperativa  que busca unha forma de vivir lóxica, sinxela, en comunidade e respectando aos demais e á contorna. Somos máis que unha empresa, así que, coñecedoras de que esta filosofía é o motor que nos impulsa a crecer, consentimos todos os aspectos cos que podamos contribuír á sustentabilidade, ao coidado do planeta, ao comercio responsable e á protección da infancia, dunha maneira consciente e saudable.

Produtos

Crema Hidratante 200ml: É emoliente e potencia o efecto barreira da pel, deixando a cara e o corpo profundamente hidratados e en calma. Especialmente formulada para a infancia, é ideal para todo tipo de peles. Achega elasticidade e vitalidade. Rexenera e protexe delicadamente das agresións externas.

Enriquecida con Manteiga de karité ecolóxica, Caléndula, Regalicia e Aceite de oliva virxe extra ecolóxico, provinte de olivas recollidas a man no seu punto de maduración e de primeira presión en frío.

 

Xel & Champú 200ml: Suave para pel e cabelo. Grazas aos seus activos orgánicos é eficaz en todo tipo de peles, ata as sensibles. Limpando en profundidade e deixando a pel e o cabelo protexidos, suaves e en calma.

Enriquecido con Camomila, Salvia, Tomiño e Avea, que engadimos en forma de avenatramidas, un concentrados activos da avea, que potencian os seus efectos calmantes, suavizantes e antioxidantes.

 

Pack esencial: Crema hidratante 200ml. + Xel & Champú 200ml. – Combina os dous produtos na hixiene diaria de toda a familia, potenciando así as súas propiedades e mantendo a pel limpa, sa, protexida e equilibrada.

Todos os ingredientes son naturais, sustentables e de orixe vexetal.

Sen perfumes nin colorantes engadidos.

Libre de transxénicos.

Ingredientes de orixe vexetal.

Produtos Veganos.

Vídeos