Bico de Grao S.Coop.Galega

Bico de Grao S.Coop.Galega

Solicitar reunión

Proximamente

Bico de Grao S.Coop.Galega

Ronda Fontiñas, 226 Baixo (Lugo)

https://bicodegrao.gal/ | bicodegrao@gmail.com

Marta Pérez (982807935)

Descripción

Bico de Grao constituímonos como cooperativa de traballo asociado en decembro de 2014. A nosa idea era a de crear un espazo de consumo alternativo. Ser un referente á hora de ofrecer alternativas de consumo.

  • Tenda de produto ecolóxico a granel (nós fomos a primeira do Estado Español en presentar toda a nosa oferta en ecolóxico e a granel).
  • Espazo de sensibilización a través da realización de actividades sensibles á nosa ideoloxía e misión: feminismo, ecoloxía, agricultura, solidariedade, consumo responsable.
  • Espazo de creación téxtil Fixenoeu (realización de bonecos e outros produtos textís con material de refugallo)
  • Grupo de Consumo (temos un grupo de consumo propio e diferenciado de outros xa que non é autoxestionado. É diferente pero funciona e temos unha media de 60 unidades familiares adheridas dende hai case 7 anos)
Produtos

De acordo cos nosos eixes de traballo ofertamos:

  • Na tenda: Produto ecolóxico a granel, tanto alimenticio como de cosmética e hixene. Tamén incorporarmos produto envasado froito da demanda, pero somos eminentemente unha tenda a granel. Así mesmo contamos cun espazo de produtos de residuo cero e unha libraría especializada nas temáticas que nos son afíns.
  • Espazo de sensibilización: realizamos actividades vinculadas á nosa ideoloxía. Cedemos o espazo para quen teña unha idea que nos encaixe e sobre a que queira impartir formacións ou charlas.
  • Espazo de Fixenöeu: Confeccionamos bonecos con material de refugallo orixinais e tamén personalizados.
  • Grupo de consumo: Ofrecemos cestas de produto ecolóxico, local e de tempada en modalidade de cestas de 5 ou 10€ a recoller semanalmente.
Vídeos