24 Out Charlas sectoriais de Préndete da Economía Social 2021!
O 27 de outubro é o gran día! Durante a mostra Préndete da Economía Social 2021! levaranse a cabo 4 charlas sectoriais e talleres prácticos de curta duración, que estarán encamiñados a promover o emprendemento en sectores emerxentes. As temáticas gardarán relación coa economía verde, a loxística, as necesidades das cidades intelixentes, a ciberseguridade, a agricultura ecolóxica e a interconexión dixital.
O programa é o seguinte:
11:30 – Benvida e recepción de asistentes
11:35 – Xestión de datos masivos: Como procesar e cruzar datos para obter información útil para túa empresa.
12:30 – Comercio electrónico no comercio de proximidade
13:30 – Descanso ——————————————————-
16:00 – Oportunidades no tercer sector (acción social)
17:00 – Mostra do panel de empresas en “usceconomiasocial.gal” e showrooms virtuais coa participación de:
Marma / O´Taller / Mareira / Galpon Lab
18:00 – Economía circular e eficiencia enerxética. Aproveita todos os recursos a teu alcance.
19:00 – Peche da mostra
Xa estades inscritos? Lembrade que para obter unha praza como espectadores teredes que cumprimentar este formulario online.