A Factoría Atelier s. coop. galega

A Factoría Atelier s. coop. galega

Solicitar reunión

Proximamente

A Factoría Atelier s. coop. galega

Lugar de Outeiro, nº19, San Vicente. 36988, O Grove. Pontevedra

Descripción

A Factoría Atelier nace de xuntar soños e inquedanzas de dúas persoas apaixonadas pola artesanía. Coñecémonos no 2016 con dous proxectos independentes. Xan adicábase á marroquinería e eu comezaba a miña andadura na recuperación de mobiliario. Decidimos aunar proxectos e abrimos unha tenda taller en O Grove onde comercializábamos tanto as creacións propias como as de outros creativos locais. Despois de dous anos coa tenda, decidimos reorganizarnos para optimizar custes e dotar de coherencia ao proxecto dende a base. Queríamos practicar unha economía aliñada cos nosos valores, e queríamos tamén que o noso proxecto contribuíse dalgún modo a propagar unha forma de consumo máis responsable. Foi no 2019 que finalmente nos constituímos como cooperativa de traballo asociado e creamos A Factoría Atelier no seu formato actual. Centrámonos en achegar as 4 r´s ao campo da decoración a través da recuperación de mobiliario, así como a creación de pezas propias a partir de materiais recuperados.

Produtos
  • Actualmente ofrecemos o servizo de restauración e recuperación de mobiliario.

Tamén creamos e recuperamos pezas propias que comercializamos online a través da nosa web, así como de forma física nunha tenda colectiva en Santiago de Compostela, o Mercado Galego da Creatividade. Este é outro proxecto cooperativo do que somos socios e que busca aunar esforzos de pequenos creativos para cubrir necesidades na área da comercialización que de forma independente serían inasumibles para os proxectos individuais ( probablemente xa esteades ao tanto deste proxecto, pero pareceunos interesante nomealo tamén, xa que se encadra no ámbito cooperativo que pretendedes visibilizar)

Vídeos