13 Mai Agalterra S. Coop. Galega
Agalterra S. Coop. Galega
Proximamente
Agalterra S. Coop. Galega
Rúa Alejandro Outeiriño Rodríguez, 15, 1º planta, oficina 2, 32003 Ourense
696 383 675 | carmendocampo@agalterra.es | administracion@agalterra.es
Presentámosvos Agalterra Medioambiente: unha consultora ambiental formada por Mercedes, Ismael e Carmen. Mercedes e Ismael na parte técnica e Carmen cubrindo a área administrativa e comercial. Tres perfiles totalmente diferentes constituídos como Cooperativa. Cooperativa para potenciar a transversalidade e garantir que o proxecto estea sempre nutrido polo potencial de cada un de nós.
As nosas principais funcións virán a ser:
- Xestión de empresas: na súa xestión de residuos, o tratamento de solos contaminados e calidade da auga, así coma o control de emisións atmosféricas.
- A avaliación ambiental: facendo estudos preliminares para a viabilidade de proxectos, Avaliacións de Impacto Ambiental, …
- Entre moitos outros compromisos, traballamos firmemente nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas.
Con todo isto facilitaremos os trámites administrativos e a emisión de informes técnicos mellorando os recursos e sustentabilidade dos espazos. Reducindo a presión lexislativa ambiental dos nosos clientes, pretendemos, de forma pedagóxica, potenciar a consciencia cara o noso entorno natural e os seus recursos.
A nosa práctica ambiciona levar sempre da man a EMPATÍA: analizar cada situación particular nos axudará a atopar as solucións que mellor se adapten aos nosos clientes, pero sempre insistindo no esforzo que merece a protección do medio natural, evidenciándolles os beneficios de este cuidado e brindándolles, coma primeira recompensa, a IMAXE VERDE da súa organización.
- Xestión de residuos: inscricións nos rexistros, traslados de residuos ao xestor autorizado, programas de redución de desperdicios…
- Solos contaminados: informe de situación do solo, investigación da calidade do solo, recuperación de solos contaminados…
- Emisións atmosféricas: REGADE, control APCA, cálculo de emisións, pegada de carbono…
- Calidade da auga: controles analíticos, permisos de verteduras, cálculo de pegada hídrica…
- Autorizacións ambientais: inscricións e autorizacións nos Rexistros de Produtores e Xestores de Residuos, inscricións e autorizacións en REGADE, permisos de verteduras de augas residuais.
- Avaliación ambiental: estudos preliminares de viabilidade ambiental de proxectos, documentos de inicio, estudos para a Avaliación de Impacto Ambiental, xestión de alegacións e información pública, seguemento de declaracións ambientais.
- Servizos para organismos públicos: plans de emerxencia ante situacións de seca, Plans de Acción do Clima e Enerxía Sostible para Concellos (PACES), plans de acción para o aforro enerxético, cálculo de emisións, avaliación de solicitudes ambientais.
- Ouros servizos: formación a ciudadanos e profesionais, vixiancia ambiental de instalacións e servizos, Plan Interior Marítimo, cálculo de pegada de carbono de organizacións e produtos, xestión de imaxe verde, inventarios de fauna e flora.